RÉFLEXION
1. Comment t'es-tu organisé pour réaliser
cette tâche?
Para a realización da Tâche comezamos por decidir
os integrantes do grupo ( non podendo formar parte do mesmo persoas coas que xa
traballaramos anteriormente), neste caso o equipo estaba formado por: Laura
Juncal, Greys Mejía, Sara Rodríguez e eu.
Posteriormente o día 5 de maio realizamos o
curso de orientación pola cidade de Pontevedra utilizando o itinerario 1 ( Campus,
A Pedreira, Méndez Núñez, fontes e finalmente Ponte do Burgo). Unha vez feita a
ruta puxémonos coa realización da presentación (Prezi ), onde incluímos as
fotos do percorrido, vídeos, imaxes, textos e audios.
Por último, e co fin de que a actividade fose un
pouco máis orixinal decidimos empregar a aplicación Bitstrips para engadir un
extra de orixinalidade á tarefa.
2. As-tu éprouve des difficultés? Lesquelles?
As principais dificultades coas que me atopei
foron semellantes as das outras actividades, destacando como sempre o tema da
pronunciación, xa que a utilización do programa Prezi xa a teño máis ou menos
controlado.
3. Qu'est-ce que tu as appris grâce à cette
tâche?
Grazas a esta última actividade aprendín
vocabulario relacionado coa orientación(
esquerda,dereita, todo recto...), cos medios de transporte ( autobús,
coche,bici...) , así como dos distintos
monumentos e infraestruturas que nos podemos atopar nunha cidade ( fontes, prazas, farmacias, tendas...) .
Por outra parte tamén aprendín expresións útiles
relacionadas coa orientación, así como a pronunciación de certas palabras que non
coñecía.
4. Quel est ton avis général sur la tâche?
A miña visión xeral desta actividade é que
resulta verdadeiramente útil e que nos pode chegar a axudar á hora de desenvolvernos
nunha cidade francófona que non coñezamos.
Con respecto a outro tema, penso que o
tratarse dunha actividade tan interactiva axuda a que nos coñezamos un pouco
mellor entre os membros do grupo, e polo tanto leva a que se dea unha mellor
comunicación e polo tanto unha mellor actividade final.
Finalmente, considero que me aportou distintos
coñecementos moi interesantes para a miña formación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario